Di2014

Cartel Día da Ilustración 2014, por Miguelanxo Prado

Miguelanxo Prado (A Coruña, 1958) é autor de banda deseñada, con títulos como Trazo de xiz, Ardalén e Presas fáciles, todos eles traducidos a numerosos idiomas. Ten realizado ilustracións para literatura infantil e xuvenil, prensa e todo tipo de soportes. Colaborou con escritores como Neil Gaiman, Manuel Rivas, Agustín Fernández Paz ou Laura Esquivel. Traballa paralelamente en labores relacionados coa animación, para televisión e cinema, como a longametraxe De Profundis, que produciu e dirixiu en 2006. É director do festival Viñetas desde o Atlántico, e membro de número da Real Academia Galega de Belas Artes. miguelanxoprado.com

Actividades destacadas

Mesa redonda: «A ilustración gráfica hoxe en Galicia», cos ilustradores Marina Seoane (presidenta da AGPI), Almudena Aparicio e Manuel Uhía, con Henrique Torreiro como moderador, o 30 de xaneiro de 2014 na Biblioteca Pública Antonio Odriozola de Pontevedra.

Ademais, houbo obradoiros relativos a ilustración nas bibliotecas públicas nodais da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo.