Política de privacidade

En virtude do artigo 13 do Regulamento (UE) 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD), e do artigo 11 da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPD), os datos persoais recollidos polo formulario de contacto da web www.diadailustracion.gal serán tratados baixo a responsabilidade da AGPI, sendo os seus datos de contacto: Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI), rúa Cardeal Cisneros 4-entr. dta., 15007 A Coruña.

Os datos entregados á AGPI, pola persoa intersada serán tratados para a única finalidade de proporcionar información sobre as actividades desenvolvidas con motivo do Día da Ilustración, e lexitímase ese tratamento nalgunha das bases previstas no artigo 6 do RXPD. Todas as persoas que entren en contacto con estes datos coa citada finalidade cumprirán o deber de confidencialidade establecido no artigo 5 da LOPD.

Os datos trataranse durante o tempo imprescindible para cumprir coa devandita finalidade, e serán conservados atendendo aos prazos e criterios establecidos para cada caso concreto, de acordo coa lexislación vixente. Os datos non serán transmitidos a terceiros, a menos que exista consentimento previo da persoa interesada ou base legal para esa transmisión. 

En calquera caso, a persoa interesada terá dereito a solicitar ao responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do tratamento. Tamén terá dereito a opoñerse ao citado tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poder público, a portabilidade dos seus datos. Así mesmo, terá dereito a non ser obxecto de decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfís.

Tales dereitos poderanse exercer mediante solicitude ao correo electrónico correo@agpi.es.

Así mesmo, as persoas interesadas terán dereito a presentar unha reclamación perante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD).